domingo, 12 de enero de 2014

TRABALLO A CONTRARELOXO....

Ola compañeir@s:

Hoxe vou escribir e ir directa ó gran.

Seguimos facendo o traballo este da cronoloxía pero ainda non sabemos ben o que hai que facer porque o resto dos compañeiros estan facendo entrevistas.... Nos polo momento o venres botamos toda á clase intentando buscar leis que sairan dende o 1995 en diante relacionadas co traballo en oficina ou novas tecnoloxías, pero é un lío porque dunha lei sale outra ou modifica a outra anterior; ou o melllor,  imos a buscar esa lei modifcada e non nos aparece ... é un verdadeiro caos, e o peor de todo e que non nos vai dar tempo, ou iso creémos.

O final, o que decidimos facer é, ir o INSHT e no apartado normativa ir ano por ano vendo todas as leis que saíron nese periodo que tiveran relación co noso tema.. parecia sinxelo pero claro xa temos outro problema: hasta que punto esa lei ten relación co traballo en oficina.. porque si nos poñemos a buscar detalle por detalle todas al leis teñen relación con todo.... asique aqui andamos a ver se damos feito para o mércores poder entregalo.  De todas as maneiras quedaremos martes pola tarde para rematar o traballo e facer a gráfica cronolóxica os 3 do grupo, mentres no fin de semana quedámonos os 3 con un par de anos cada un para analizar a relación das leis deses anos.
A ver que sae de aqui...

Din que unha imaxe vale máis que mil verbas asique ahí vos deixo unha de como nos sentimos no grupo jjj un saudiño.

                     

3 comentarios:

  1. Carla, non te preocupes que o noso grupo tamén estaba así, ao principio non tiñamos nin idea como facer o mural, pero logo é poñerse mans á obra e todo sae.
    Seguro que vos quedo moi ben, mañá verémolos en clase.
    Á parte é algo diferente aos grupos que decidiron realizar as entrevistas, aínda que o grupo dos animais tamén realizaron unha cousa diferente.
    Por certo a imaxe gústame moito jajaja Así saio eu ás veces de xestión cunha dor de cabeza, que chego á casa un ibuprofeno, e unhas toallas molladas á fronte jajaja (o das toallas é broma, pero o ibuprofeno é certo)

    ResponderEliminar
  2. Ola Sara e que era un estrés para todos creo eu pero bueno o noso grupo non puidemos quedar no Nadal porque un marchou de vacacións e eu personalmente non son de Vigo e non teño o coche 24 horas e nesas festas menos.. eu creo que o traballo deberíamolo facer agora á volta porque non todos somos de Vigo e cada un ten a sua vida e non se pode quedar sempre. Pero bueno agora xa está ainda que me da a min que nos próximos traballos haberá que quedar fora de horario escolar.
    A imaxe foi a primeira que atopei é unha mezcla de todo un pouco: enfado, dor de cabeza, estrés... e o que lle queirades poñer jajaj

    ResponderEliminar
  3. Vaia.. ao final quedouvos un traballo moi, moi orixinal. E non foi preciso quedar fóra, non si? O máis importante é repartir o traballo e quedar nas clases para ver o que se fixo e coordinar as actividades. De todos os xeitos ao final quedou moi chulo. Parabéns!!

    ResponderEliminar