jueves, 13 de febrero de 2014

TAREFA 3.2 REMATADA E COMEZO DE UNHA NOVA

Ola, xa hai varios días que non escribo no blog, vou a ser breve.

Por fin rematamos o informe técnico e agora comezamos outra tarefa que consiste no seguinte: temos que botarlle unha ollada ó temario para saber o que son os recursos preventivos e mirar se as nosas empresas que escolleramos nun principio, no noso caso MRW e Adif, lle fai falta contratar estes recursos preventivos citados.
Tamen temos que facer un organigrama con todos os órganos de representación da empresa que coñecemos ata o momento en materia de prevención.
Nese organigrama  teremos que introducir a importancia de cada órgano representativo e a razón da existencia ou inexistencia das distintas figuras en materia preventiva.

A data para rematar esta actividade é o mércores 19 de Febreiro a ver se nos da tempo.

Maña temos unha charla cun prevencionista da CIG a ver que tal. Xa comentarei na seguinte entrada o resultado.

Un saúdo.

2 comentarios:

  1. Ola boas tardes carliña:)
    Se por fin rematamos o informe pero isto é un non parar e xa outra actividade... MIÑA NAI, cantos traballos...
    Pois se vos dá tempo sodes uns craks jajaja Erea e eu aínda nin entendemos ben o que hai que facer... Logo non me vou a extresar jajaja Logo como carallo nos vai dar tempo, ademáis de que deixa moi pouco tempo entre actividade e actividade

    ResponderEliminar
  2. ola Sara pois si temos moi pouco tempo e máis módulos pero bueno parece ser que este estrés ímolo ter cando traballaemos nisto.. é cuestión de acostumarse jaja

    daríavos tempo non? en rematar a actividade digo, nos ó final tivemos que facelo fora de horario escolar por pouco nos da tempo pero ó día seguinte estaba subido.
    A ver se de aqui en diante collemos ritmo ajaj

    ResponderEliminar