viernes, 13 de diciembre de 2013

AVISO A NAVEGANTES

Ola compañeiros xa sabrédes porque poño ese título na entrada non? bueno para os que non estábades comentovos: onte na clase de Xestión estabamos facendo o informe técnico e Srergio, o profesor, dixo que todos os anos lle pasaba o mesmo cos alumnos que nos queixábamos da lexislación e que o 80% do noso traballo precisamente é sentarse nun ordenador e mirar e revisar a lexislación por si cambiou algo, dar charlas ós empresarios e traballadores.... e claro quedámonos a maioria pensativos incluida eu porque tiña outra idea deste ciclo a verdade, non pensei que fora a maior parte do noso traballo mirar lexislación...
Pero bueno, eu non vou abandonar o ciclo xa non contaba con entrar e xa deixei un ciclo e non me sentín ben despois, porque as oportunidades non se deben desaproveitar.
 Por outra banda dicir que seguimos facendo o informe a ver se hoxe rematamos.

Deixovos nen@s, que hoxe ímolo pasar ben na cea. Un saúdo.
E por se non escribo máis ata a volta. BO NADAL.



domingo, 8 de diciembre de 2013

COMEZAMOS CO INFORME TÉCNICO

Boas a todo@s.
Aquí ando de novo despois de estudar para Charo vouvos comentar o que fixemos o xoves antes do puente ...
Depois de rematar cos xogos temos que seguir coa tarefa que Xa tiñamos que haber comezado hai uns días: informe técnico. 

A tarefa consiste en ir á páxina do INSHT e buscar unha norma que teña relación coa presentación do tema 1 que espuxemos, no noso caso o traballo nunha oficina, e facer un informe técnico. Ademáis de averiguar de donde saiu a norma, se foi modificada...

A norma que escollemos o meu grupo e a da Ergonomía, unha directiva da UE.
De momento ainda non empezamos pero a decisión de que lei escoller xa o fixemos.
Outra tarefa que está pendente é a de facer unha entrevista, mural, tríptico, dossier xornalístico.... No noso caso ainda non está claro que vamos a escoller.
Isto é todo un saúdo compañeiros.

Aquí vos deixo un exemplo de informe técnico para que vos fagades unha idea.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

ÚLTIMOS XOGOS

Ola, como non quero estudiar máis Emerxencias comentovos o que fixemos hoxe en Xestión.
Como di o título da entrada hoxe rematamos cos xogos e espuxeron os tres últimos grupos que quedaban gustoume en especial o xogo do grupo de dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores estivo bastante ben ainda que no meu grupo non acertaramos un....
Déixovos por hoxe un saúdo.

lunes, 2 de diciembre de 2013

SEGUIMOS COS XOGOS

Ola señoritos!!!Aquí estou de novo.
Bueno para liberar un pouco a cabeza de estudiar comentovos o que fixemos a semana pasada en Xestión:
Espuxemos o grupo 3,4 e 5 e sigo dicindo que se aprende mellor así. Gustoume bastante o xogo dos xulgados de David Baqueiro e a miña tocaya creo que foi acertado.
No noso caso que somos Sergio e eu fixémolo bastante rápido a verdade.
Agora maná expoñen o resto a ver se por fin rematamos cos xogos.
De momento deixovos aquí unhas fotos q vin nun centro comercial e nunha empresa dedicada a traballar a pedra.