viernes, 13 de diciembre de 2013

AVISO A NAVEGANTES

Ola compañeiros xa sabrédes porque poño ese título na entrada non? bueno para os que non estábades comentovos: onte na clase de Xestión estabamos facendo o informe técnico e Srergio, o profesor, dixo que todos os anos lle pasaba o mesmo cos alumnos que nos queixábamos da lexislación e que o 80% do noso traballo precisamente é sentarse nun ordenador e mirar e revisar a lexislación por si cambiou algo, dar charlas ós empresarios e traballadores.... e claro quedámonos a maioria pensativos incluida eu porque tiña outra idea deste ciclo a verdade, non pensei que fora a maior parte do noso traballo mirar lexislación...
Pero bueno, eu non vou abandonar o ciclo xa non contaba con entrar e xa deixei un ciclo e non me sentín ben despois, porque as oportunidades non se deben desaproveitar.
 Por outra banda dicir que seguimos facendo o informe a ver se hoxe rematamos.

Deixovos nen@s, que hoxe ímolo pasar ben na cea. Un saúdo.
E por se non escribo máis ata a volta. BO NADAL.



6 comentarios:

  1. Ola Carla.

    Tes que darte conta que todo o que estudies ten lexislación, unhas ramas mais que outras, pero dime que esperabas ti de este ciclo? que imaxinaches como era?.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Boas de novo!
    Eu lexislo, ti lexislas, el lexisla, nós lexislamos..........é o que nos queda jaja
    Pero isto será coma todo, unha vez estemos afeitos a traballar neste campo xa todo será máis bonito e levadeiro. Xa verás!
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Boas Carla.

    Vendo a tua entrada, creo que penso seguindo un pouco a tua liña, xa que eu tampouco me esperaba iso, xa que a miña idea sobre o traballo a desenrrolar despois de facer este ciclo non era a de estar a maior parte del diante dunha pantalla leendo unha normativa, senón que era a de por exemplo esta nunha empresa traballando, facendo informes sobre as posibles anomalías da mesma, revisar as instalacións, darlle consellos aos posibles traballadores e etc.Non sei se a túa idea e a mesma, pero queda claro de que a que nos dixo o profesor non Jaja!
    Bueno despídome. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  4. Bos días Carla :)
    Eu a verdade que entre no ciclo moi ben sen saber o que era, como xa dixen varias veces pois elixín outros 8 ciclos que realmente non teñen ningunha relación con este. Pero sinceramente dígoche, que non era o que me esperaba. Eu tamén me esperaba algo parecido ao de Bruno, aínda que entendo que para informar e formar os traballadores debemos de ter idea da lexislación vixente.

    por outra banda o que pos de non abandonar o ciclo porque non contabas con entrar e que deixaches un e logo non te sentiches ben, ao meu pásome ao revés eu estiven durante todo un ano nun ciclo que non me gustaba nada, e ao rematalo me decatei que perdera un ano da miña vida.

    ResponderEliminar
  5. Boas carla
    O outro día leveime unha gran desilusión ao oílo dicir iso ao profesor.
    Pensei que o noso traballo ía ser máis entretido, pero bo, se hai traballo, benvido sexa!!
    Gústame moito o teu diario, é moi orixinal, nótase que che gusta facer isto!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Vaia ho! Que desilusión!! Non é o 80% vendo lexislación!! Alegría!! Refírome a que precisades traballar con documentos, facer informes, ler manuais e guías, mais tamén facer outras cuestións... Como vai ser o 80% coa lexislación, iso nen un xuíz!
    O que quería dicir é que o traballo de prevencionista está moi relacionado coa normativa porque é dela de onde temos que fixarnos o que hai que cumprir nunha empresa...
    A ver se agora vos queda máis claro... e vos animais máis!

    ResponderEliminar