miércoles, 28 de mayo de 2014

DERRADEIRA ENTRADA NO BLOG

Ola compañeir@s que vos vou a dicir nesta derradeira entrada... por un lado estou feliz xa que creo que aprobo todo e digo creo porque non se debe de falar antes de tempo, ainda quedan un par de exames.

Por outro lado dicir que, estou encantada de que me colleran neste ciclo, o primeiro día que viñen pensei que non ía ser tan levadeiro pero o irvos coñecendo pouco a pouco soupen que o destino me levou por bó camiño. Uns caídesme mellor outros peor pero...  é o que hai... o importante é que haxa unha armonía na clase.

Agora que por fín, acaba o primeiro ano do ciclo, xa non temos que escribir máis neste diario que dito sea de paso es un "verdadero coñazo",(Sergio é o que penso síntoo jaja) digoo así tal cual xa que sempre o dixen e non vou a cambiar de opinión, ó fin e o cabo este é o meu diario...

Tamén debo dicir cousas boas non só malas, e penso que este sistema de traballo que demos con Sergio é mellor de levar xa que non hai que estar aburridos atendendo en clase e , a parte, o módulo é bastante lioso para andar a estudar todo e non practicar, xa que práctica vai a formar parte do  noso traballo.

Sen máis parrafada, deséxovos a todos un feliz vrán, que aprobedes todo e vémonos para o ano no segundo curso , a ver se o pasamos tan ben coma este ano, polo menos eu...





4 comentarios:

  1. Ola Carla.

    Leendo esta entrada estou totalmente de acordo en todo! Xa que eu pensaba o mesmo, que isto ía ser outra historia, e moito máis complicado, con xente que non coñecíamos de nada nin nada..pero como ti dices nesta clase hai de todo por sorte jaja "ou senón digoto eu jaja". No que dis sobre o diario tes bastante razón, porque estamos a final de curso e creo que poucos sabemos a que ben isto de facelo.. jaja. É no do método de Sergio, amin tamén me gusta bastante, pero para que sea moito máis levadeiro e con bos resultados hai que ter un bo grupo tamén penso.
    Sin nada máis que dicir un saúdo e sorte po que queda de exámes!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Bruno!! aquí estou de novo... pois sí hai que ter un bó grupo iso é importante xa que senon non se traballa ben.
      O do diario sigo pensando o mesmo de sempre: que non sei para que o facemos...

      Eliminar
  2. Ola carla!!

    Eu creo que vas a aprobar todo porque levaste moi ben todo o curso.
    A verdade é que eu tamén estou moi contenta, cando vin que non me colleran en anatomía pusenme moi triste pero ao final resultou que o ciclo gustame e estou moi contenta.
    Creo que aínda é un pouco pronto para desexarche a ti tamén un bo vran. xa que nos imos seguir vendo un par de semaniñas mais asi que o día das notas xa volo direi a todos xD.
    Moita sorte cos exames que quedan
    Un biko

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Lucía!! Gracias eu penso aprobar todo pero bueno.. as medias baixaron un pouco. Polo de anatomía non te preocupes se non entras desta é para a próxima, eu perdín un ano porque non me colleron no primeiro ano no que me anotei xa que era o mes de setembro que tiven que recuperar unha asinatura de bacharelato, e no segundo ano entrei de rebote... pero claro porque o meu bacharelato non é de ciencias puras senon de mixtas e entraban primeiro os de puras...
      Non sei se a túa prioridade é anatomía pero bueno depende o que che guste eu faríao ou non.. eu persoalmente levei un chasco porque é todo laboratorio e de autopsias ves moi pouco oou nada nas prácticas polo menos...
      Xa te deixo, un saúdo e sorte

      Eliminar