miércoles, 28 de mayo de 2014

DERRADEIRA ENTRADA NO BLOG

Ola compañeir@s que vos vou a dicir nesta derradeira entrada... por un lado estou feliz xa que creo que aprobo todo e digo creo porque non se debe de falar antes de tempo, ainda quedan un par de exames.

Por outro lado dicir que, estou encantada de que me colleran neste ciclo, o primeiro día que viñen pensei que non ía ser tan levadeiro pero o irvos coñecendo pouco a pouco soupen que o destino me levou por bó camiño. Uns caídesme mellor outros peor pero...  é o que hai... o importante é que haxa unha armonía na clase.

Agora que por fín, acaba o primeiro ano do ciclo, xa non temos que escribir máis neste diario que dito sea de paso es un "verdadero coñazo",(Sergio é o que penso síntoo jaja) digoo así tal cual xa que sempre o dixen e non vou a cambiar de opinión, ó fin e o cabo este é o meu diario...

Tamén debo dicir cousas boas non só malas, e penso que este sistema de traballo que demos con Sergio é mellor de levar xa que non hai que estar aburridos atendendo en clase e , a parte, o módulo é bastante lioso para andar a estudar todo e non practicar, xa que práctica vai a formar parte do  noso traballo.

Sen máis parrafada, deséxovos a todos un feliz vrán, que aprobedes todo e vémonos para o ano no segundo curso , a ver se o pasamos tan ben coma este ano, polo menos eu...





lunes, 26 de mayo de 2014

UN POUCO DE HUMOR

Esta entrada adicolla ós mes compañeros de clase que traen o coche e mirámonos parvos para aparcar... ou madrugas ou senon pasanos coma o rei León jajaja
Agora que imos a rematar o primeiro ano imos a botar de menos esta mala uva desta situación ...
Hai q rir un pouco que estamos extresados cos exámes jaja

ÚLTIMO ACCIDENTE LABORAL EN GALICIA

Ola compañeiros:

Déixovos aquí un enlace do Faro de Vigo no que sae unha noticia dun accidente laboral ocorrido en Galicia.

PREMA AQUÍ





miércoles, 21 de mayo de 2014

UN POUCO DE HUMOR CON "CAMERA CAFÉ"

Como estamos agobiados cos exámes deixovos aquí un capitulo da coñecida serie "Cámera Cafe".
A ver se rides un pouco. Trata sobre a prevención de riscos laborais e o pouco caso que lle fan ademáis parecelle unha parvada.





CCOO DENUNCIA UNHA FALTA DE AVALIACIÓN DE RISCOS NUN COLEXIO DE CANARIAS

Xa estou aquí de novo. ..

O outro día atopei en Internet unha noticia das Illas Canarias na que fala de que CCOO denuncia que nun colexio non está feita unha avaliación de riscos laborais.
Deixovos por aquí a noticia e xa lle botaredes un ollo.

VÍDEO AVALIACIÓN DE RISCOS

Ola compañeiros deixovos aquí un vídeo donde explica as fases de avaliación de riscos e tamen cando se debe de facer unha avaliación.


TAREFA CUESTIONARIO E AVALIACIÓN DE RISCOS

Ola, que tal levades os exámenes? Espero que ben.
Fago esta entrada para falar da nova tarefa que temos que facer. Consiste en facer unha avaliación inicial de riscos tivemos que facer un cuestionario para que despois a empresa que nos escollamos o cubra e así poder facer a avaliación.  Tamén temos que ir á empresa para valorar visualmente e quitar fotos do posto de traballo.
A empresa a escoller debe de ter 3 postos de traballo xa que a tarefa de facer a avaliación é individual.  No noso grupo decidimos facer o cuestionario xa pensando nun supermercado con peixaria, carnicería e caixa.  A ver se nos deixan sacar fotos e son tan amables como para cubrir dito cuestionario.

Falando do cuestionario quería dicir que me parece un pouco complexo xa que non sei se me trabuco pero este aspecto creo que non é da nosa competencia;  crealo digo.

Xa me despido, estudade moito un saúdo.

viernes, 9 de mayo de 2014

VIDEO UXT PLAN DE PREVENCIÓN

Ola,
Escribo esta entrada xa que estamos dando agora, bueno imos a comezar a dar, o da avaliación de riscos nunha empresa e o Plan de prevención.

Como hoxe miramos o tema de dito Plan de prevención puxenme a busacr uns videos ou noticias para entendelo mellor. Atopei un video que é como unha especie de miniserie que fai UXT de Andalucía en youtube, a verdade que está moi ben xa que explica a través de diálogos e entendese mellor que se leramos unhas cantas follas...

No primeiro video da serie fala dos delegados de prevención e este capítulo trata dunha empresa que ten obsoleta a avaliación de riscos e non ten actualizado o Plan de prevención polo que houbo xa un par de accidentes, entón recurren a UXT para que lles axude neste tema.

A ver que opinades, déixovolo aquí. Un saúdo.

VÍDEO PLAN DE PREVENCIÓN


Tamén vos deixo o dos delegados de prevención e asÍ refrescades un pouco a memoria.


VIDEO DELEGADOS DE PREVENCIÓN

CRÍTICA PLAN DE PREVENCIÓN

Ola a tod@s:

Despois de ler os documentos do Plan de Prevención dunha empresa vou a facer a miñña crítica.
A min pareceme que facer un plan de prevención duncha emrpesa está ven que sexa obrigatorio xa que nel aparecen todos os requisitos e todo o que te que facer e ter o empresario na sua empresa.
Véxoo moi importante dentro dunha emrpesa porque nel aparece todo o relacionado coa prevención e, no caso de ter dúbidas, acodes a el de forma práctica, vas directamente ó apartado no que tes a dúbida e queda resolta.
Pero tamén é certo que despois de facelo nin sequera o le a metade do persoal da emrpresa, xa que moitos cren que é perder tempo e non ten moita importancia.

Xa sabemos todos que é un tostón ler iso todo pero bueno polo menos, ó entrar na empresa,e por unha vez,  deberíase ler, máis que nada por saber os riscos ós que estas exposto.
Estou por apostar que hai traballadores en calqueira empresa que non saben nin que é un Plan de prevención...

En canto ó Plan en sí, a estrutura que ten gustame moito xa que leva unha orde establecida moi coherente e sinxela de visualizar ainda que se deberían subraiar ou marcar as páxinas máis interesantes para o traballador, como por exemplo no apartado donde fala dos riscos dunha máquina en concreto.

Xa quetivemos a oportumidade de ver os plan de prevención de compañeiros de outr ano tamén os vou a comentar: o plan de prevención máis extenso pareceme que a persoa que o fixo tiña acceso ó 100% da documentación da emrpesa, e máis que un plan de prevención parecía un libro de inxeñería no tocante a construcción.
No outro plan era máis curto e creo que se entendía mellor e estaba todo máis resumido e claro, con táboas e pouca letra.
Agora ben... non sei cál estaba mellor dado que non demos a teoría e non fixemos nos un... o que si está claro é que hai que estar o 100% e preparado para facer e enfrentarte a un Plan de prevención.




jueves, 17 de abril de 2014

VIDEO COMPLETO "RISCOS DA CORTA DE LEÑA"


Ola rapaces!!

O prometido é deuda aquí teño o vídeo do cal vos falei o outro día na entrada anterior.

Agora xa lle podedes botar un ollo e comentar a ver que opinades da introducción desta nova maquinaria no mundo laboral do agro.

VÍDEO

lunes, 14 de abril de 2014

CORTAR LEÑA SEN RISCOS

OLA,

O OUTRO DÍA FACENDO ZAPPING NA TELE O AZAR LEVOUME Á TVG... E ESTABAN EMITINDO COMO UNHA REPORTAXE SOBRE RACHAR LEÑA CON UNHA MÁQUINA QUE ESTÁ MOI DE MODA AGORA NO MUNDO DO AGRO : AS MAQUINAS HIDRÁULICAS DE PARTIR LEÑA...

SAÍA FALANDO UN PREVENCIONISTA DE RISCOS SOBRE A MESMA E, TAMÉN UN HOME CONTANDO O SEU CASO CANDO TIVO UN ACCIDENTE LABORAL MENTRES ESTABA CORTANDO LEÑA NA SÚA CASA ANTES DE USAR ESTE APARATO.

DÉIXOVOS AQUI O ENLACE DONDE SE FAI UN ADIANTO DA REPORTAXE, NON É A REPORTAXE EN SÍ NON A DOU TOPADO IGUAL NON A COLGARON AÍNDA NA PÁXINA WEB. SEGUIREI VENDO A VER SE O COLGAN E XA O POÑO AQUI NO MEU BLOG PARA QUE POIDADES MIRALO.

UN SAUDIÑO.

PREMA AQUÍ 


 

FRANCIA OBRIGA ÓS TRABALLADORES A APAGAR O MÓVIL CANDO SAEN DO TRABALLO



Ola compañeir@s que tal as vacacións? ainda nos queda unha semana jaja

Déixovos aqui a noticia que imprimiu Sergio o outro día en clase sobre Francia que obrigaba ós traballadores a apagar o movil ó saír de traballar. Eu mireina en Antena 3 e, ademáis, pon un vídeo no que se mostra como  aquí en España estamos enganchados á tecnoloxía.

Mirádeo e xa me diredes. Un saúdo.


http://www.antena3.com//videos-online/noticias/mundo/francia-obliga-sus-trabajadores-apagar-movil-salir-trabajo-desconectar_2014041100126.html





jueves, 3 de abril de 2014

"UN JUZGADO DE VITORIA RECONOCE UN SÍNCOPE COMO ACCIDENTE LABORAL"


OLA,

Mirade que noticia atopei buscando accidente laborais:


PREMA AQUÍ

A ver que opinades.


COMEZO TAREFA 4.3

Ola compañeir@s,

Vouvos a contar o que estivemos facendo en clase... xa que está acabada e subida a actividade da presentación en power point ( no noso caso) agora temos unha nova tarefa, consiste en que un do grupo faise experto e Sergio explícalle o que ten que facer, no noso grupo foi Jose. Despois Oscar e mais eu tivemos que buscar unha noticia cada un sobre un accidente laboral e buscar toda a información posible.
Escollemos o accidente de Alvia de Santiago de Compostela e un accidente na construcción en San Sebastián; en base a isto temos que valorar os custos que estes accidentes supuxeron.

Persoalmente, eu atopei pouco, máis que nada porque o accidente ainda foi recente e non están as cousas arranxadas. Peor bueno vendo noticias si que saquei máis ou menos os custos que levaron de maneira intuitiva. Por exemplo; os custos de salvamento marítimo para o rescate, os custos para remolcar o barco, oa custos que lle supuxo a garda civil xa que se tiveron que desprazar a un lugar donde había un barco similar a éste para saber como era por dentro...

Por si non sabades a que accidentes me refiro (RARO ME PARECE) adxuntovos uns enlaces con cada unha delas:

ACCIDENTE CONSTRUCCIÓN SAN SEBASTIÁN


ACCIDENTE DE TREN SANTIAGO DE COMPOSTELA


martes, 1 de abril de 2014

COMENTARIO DE TEXTO AMIANTO

Nesta entrada vou a escribir o comentario de texto que temos que facer sobre un dos vídeos que vimos, neste caso vou a escoller o amianto.

Eu penso que a xente estamos moi enganados sobre moitos temas e este incluido... os políticos e empresarios botanse a culpa uns a  outros e ó final quen sae perxudicada é a sociedade, ou sexa nos.
No tema que me centro, a verdade é que da moita pena mirar como a xente que traballa cos amianto están facendo o seu traballo sabendo que de ahí a uns anos van a caír nunha enfermidade ou incluso a morte, iso  ten que ser angustioso.. e todo por culpa de quen? dos empresarios e dos políticos que permiten que esa xente traballe nesas condicións lamentables. Se despois son eles mesmos os que teñen que pagarlle a eses traballadores enfermos, é dicir, para que aforrar en prevención se ó final a longo prazo para eles vai ser peor...van a ser eles quen teñan que cargar con eses gastos de medicación, baixas laborais, prexubilacións debido a esa enfermidade...que por outra banda a sociedade tamén se mira afectada con isto xa que a SS vaise ver colpasada,  indirectamente unha parte do seu soldo vai ir para pagárlle a esas persoas enfermas... ó final volvo ó de antes: quen acaba malparado? A sociedade.

Outra cousa que quería comentar é que non só os traballadores están expostos a cair nunha enfermidade senon o resto da poboación tamnén o está cando por exemplo mercan os termos con esa sustancia tóxica.
 Ou sexa afectados por partida dobre...

O que non vexo normal de todo ísto é que vai unha cadea de televisión a grabar os establecementos donde traballan con amianto ou donde venden os termos e algúns individuos ainda se rin como se fora un chiste ou os botan fora de alí.
O que debería haber era uns controis máis exahustivos e duros para que os empresarios fagan as cousas ben e non se rían dos traballadores. Claro está que para conseguir isto hai que empezar desde arriba: lexislando e facendo unhas leis para cumprise non para mirar para elas.

Se o amianto xa se sabía dende un principio que era perxudicial para a saúde porque deixan que se traballe con el? porque é barato? e que se consegue con que sexa barato se a poboación se está contamimando con este material que a longo prazo vai supoñer un gasto para as arcas do estado...

Como case todo nesta vida, só miramos os custos directos e non os indirectos, que ás veces. son máis perigosos.
Sigo dicindo queos que tñen o poder son quenes deberían acabar con estes temas e non acabar cos cidadáns.

Un saúdo.



ACCIDENTE LABORAL DE FAI UNS DÍAS


OLA COMPAÑEIROS AQUI VOS DEIXO UNHA NOTICIA DUN ACCIDENTE LABORAL QUE OCORREU FAI UNS DÍAS A VER QUE OPINADES.

martes, 25 de marzo de 2014

SPOT "ACCIDENTES LABORALES O FALTA DE PREVENCIÓN"

OLA,

DÉIXOVOS AQUÍ UNHA ESPECIE DE SPOT PUBLICITARIO QUE ATOPEI EN INTERNET SOBRE O ACCIDENTE LABORAL, ÍAO EXPLICAR PERO O MELLOR É VELO... A VERDADE É QUE ME GUSTOU MOITO XA QUE TEN MOITA RAZÓN E ESTÁ BEN PENSADO, NON É O MÍTICO SPOT PUBLICITARIO ABURRIDO.

O LEMA É: "NON HAI ACCIDENTES SENON FALTA DE PREVENCIÓN".
POR ISO ESTES TRABALLADORES PREGÚNTANSE:  ACCIDENTE?? NON É ACCIDENTE É FALTA DE PEVENCIÓN.

BUENO AHÍ QUEDA O VÍDEO PARA QUEN O QUEIRA VER.

ACCIDENTE??? NON É ACCIDENTE É FALTA DE PREVENCIÓN

TAREFA ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Ola compañeir@s:

Estou en Internet e xa aprobeito para publicar unha entrada. Vou explicar a próxima tarefa: cada grupo de clase debe escoller do Cadro de enfermidades profesionais do RD un grupo dos 6 que hai e, a partir de ahí, escoller cada membro unha enfermidade; despois faise unha exposición conxunta.
A nos tocounos o grupo das enefermidades debidas á inhalación de sustancias e axentes non comprendidas nos outros grupos. En concreto eu escollin a antracosis e estiven buscando información, non hai moita a verdade pero bueno para entendela é suficiente.

Déixovos aquí un video que atopei en Youtube sobre a silicose xa que se encontra no Grupo 4 das enfemidades que non tocou a nos. O vídeo é de CCOO de Andalucía.

Xa me comentaredes se vos gustou, un saúdo.




ENFERMIDADES PROFESIONAIS POR INHALACIÓN: A SILICOSE

jueves, 20 de marzo de 2014

SEGUNDA AVALIACIÓN

Ola compañeir@s xa estou aquí de novo.

Nesta entrada vou a comentar o que fixemos nestes dous días de Prevención despois das notas...
O primeiro que fixo Sergio foi comentar as notas e o que íamos a facer nesta terceira avaliación que entra, e como sempre pasa nestes casos despois da entrega de notas, surxen dúbidas e sobre todo co diario de clase... eu tamén pensaba que o diario era para dicir o que faciamos na clase pero parece ser que non, de todas maneiras aínda que sexa un pouco rollo e complicado o diario eu sempre o fixen igual, publicando entradas pola semana dúas ou tres máis ou menos... e estou de acordo coa miña nota.
En xeral estou contenta coas notas.

Como aínda estamos dando o tema de enfermidades profesionais e accidente de traballo tamén miramos un documental que me pareceu bastante interesante xa que non sabía que o amianto a pesar de ser perigoso, existan empresas ou gobernos que permitan que se traballe con este material ou cando menos que permitan a venda dos productos e mentindo... vexoo como un engano á población...

Déixovos o enlace para que vexades o documental de novo.

VIDEO AMIANTO

sábado, 15 de marzo de 2014

SEMANA ANTES DA SEGUNDA AVALIACION

Nesta semana antes da avaliación rematamos o cadro comparativo e o o informe que nos escollemos en vez de un mapa conceptual simplemente porque nos parece máis cómodo e sinxelo que facer un mapa ou mural aparte así acostumámonos para cando vaiamos facer as prácticas que seguramente nos mandarán facer polo menos un....

Pois o tema é que rematamos iso e o xoves como nos tocaba ir á aula que van mal os ordenadores, o que fixo Sergio foi repasar para o examen do venres que nos deu unha oportunidade para facelo mellor...aparte tamen nos mandou buscar en Internet unha par de cousas: como contaban os traballadores temporais no cadro de persoal dunha empresa....

O venres si que xa fixemos o exame por segunda vez creo que cambiou algunhas preguntas e saliume mellor que ó anterior agora a ver o resultado jaja
Xa vos deixo que vou a dar un paseo un saúdo a tod@s.

viernes, 7 de marzo de 2014

EXAME

Esta semana estivemos traballando no cadro que hai que facer comparando accidente laboral e enfermidade e xa case rematamos...

O que si fixemos foi o exame de todo o curso ata a actualidade.... constou de dúas probas: unha tipo test con 32 preguntas e a outra eran dez creo para desnvolver e escribir.
En canto á primeira a min pareceume mais ou menos sinxela pero a segunda.... era un lio ó final lieime máis do que iba para facer. Ademáis era unha proba por tempo e parecía que che ía sobrar o tempo pero pasaba voando sobre todo na segunda proba...
Espero que na segunda oportunidade que nos dea o faga mellor.

Agora chega o finde, estudar para máis exames e xa rematamos coa segunda avaliación.
A verdade que da unha pereza estudar con este sol que nos viu agora.. pero o esforzo merecerá a pena digo eu, antes que estar no verán a repasar e a examinarse en setembro.

Déixovos aqui un enlace dunha noticia dun traballador enfermo de cancro que tiveron que indemnizar porque a empresa non tiña medidas de prevención. ( Xa sei que non ten nada que ver co titulo da entrada pero atopeino de casualidade e aqui volo deixo.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/19/paisvasco/1374227356_013132.html





martes, 4 de marzo de 2014

COMEZO DUN NOVO TEMA: ENFERMIDADES E ACCIDENTES LABORAIS

Ola compañeir@s,
Por fin rematamos co tema que nos ocupaba e que a min, persoalmente, non me gustaba moito... Agora imos empezar cos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

A primeira tarefa que temos que facer é realizar un mapa ou unha táboa comparativa vendo as diferenzas que hai entre accidente de traballo e enfermidade profesional pero dende o punto de vista da LXSS e a Lei de prevención de riscos profesionais.

O noso grupo xa case a rematamos só e montar a táboa. Á volta do entroido rematarémola.
Sen máis que comentar déixovos.

Aqui vos deixo unha imaxe relacionada co tema que nos vai ter entretidos por un tempo. Un saúdo.






viernes, 21 de febrero de 2014

TAREFA 3.4: INFORME TÉCNICO INDIVIDUAL

Boas tardes moz@s,

Vou a publicar o que estivemos facendo hoxe en Xestón.
Antes de nada dicir que é a primeira vez que chegamos á clase de Xestón sen ter traballo que facer de anteman, xa que sempre rematamos algo do día anterior ou algo parecido.
Tamén é a primerira vez que facemos algo individual, aparte tivemos que facelo nas horas de clase para subilo o Drive no momento.

Paso enton a explicar o que fixemos: nesta actividade tivemos que facer de maneira individual un informe técnico sobre un organismo, a escoller, dos que había no Drive. Cada un do grupo escollia un.
A min tocoume a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo que ten a sua sede en Madrid.
As cuestións ás que habia que responder foron as seguintes:

  • Datos principais
  • Datos de creación
  • Organigrama
  • Principais funcións
  • Ultimas actuacións
  • Incorporar o logo do organismo
No meu caso resultou algo complicado xa que non había moita información, pero bueno dino acabado a tempo. Creo que é a primeira vez que rematamos algo no día.

Agora o mércores xa comezamos actividade nova peor de outro tema, algo lin por ahí que era de enfermidades e accidentes laborais, me parece que me gustará máis.

Acabo deixando unha foto do maps do organismo que falei antes.



TAREFA 3.3: FACER ORGANIGRAMAS NUNHA PRESENTACIÓN

Ola que tal vos vais?
Creo esta entrada para contarvos o que fixemos o mércores na aula e como sempre non nos deu tempo a rematar.

Despois de facer o informe técnico tivemos que realizar, como expliquei nunha netrada anterior, uns organigramas das dúas empresas que escolléramos (MRW e Adif) explicando os óganos de representación en materia preventiva da empresa que hai nesas que citei e, se falta algún, que debería estar, poñelo e viceversa.

No noso caso, Adif e MRW si teñen todo en orde xa que analizando todo cumpre cos órganos correspondentes, tivemos dúbidas en poñer para MRW recurso preventivo pero non lle correponde porque non é unha empresa de alto risco, ademáis seria absurdo, porque ó ter reparto tería que ir un recurso en cada coche e non ten lóxica.
En canto á `resentación foi pequena porque MRW ten poucos órganos debido a que é unha PYME.

Nesta entrada xa non teño máis de que falar, simplemente estivemos toda a clase fecendo a actividade.

   

CHARLA PREVENCIONISTA DA CIG

Ola,
nesta entrada vou a falar da charla que tivemos o venres pasado.

O venres pasado veu a darnos unha charla un prevencionista que traballa na CIG.

En primeiro lugar dicir que me gustou moito a organización, as respostas que deu, a atención que prestou...
Pareceume que contestou a todas as preguntas que se lle plantexaron, creo que foi mellor que fixera unha pequena introducción e logo xa nos daba paso a nos para facer as preguntas que quixéramos.

Para min foi unha charla diferente e gustoume máis que a que nos veu a dar outra prevencionista no módulo de emerxencias.. me parece que desta volta o prevencionista tiña máis desenvolvemento e coñecementos que a outra compañeira.

As preguntas que se lle fixeron case que foron o 90% das que anotáramos no día anterior para facerlle e respondeu a todas.

O que me pareceu máis interesante e sorprendente é a pasividade que teñen as mutuas ante accidentes de traballo que revisten gravidade e , por tanto, ten que andar o traballador movendose índo ó sindicato para que lle axude e así poder sair beneficiado do accidente

Outra cousa que me chamou a atención é cando nos dixo con total sinceridade que o seu traballo, ó principio sobre todo, era unha tolería porque hai que moverse moito reunirse con uns con outros, ir a xuizos sair dun e meterse noutro... e que, ademáis, non se enteraba de nada... penso que as súas funcións son bastante responsables e con atención.

Bueno antes de rematar, e xa que o Blog é para o que é, vou a nomear aqui uns detalles que vin dos de segundo de Prevención que paréceme que non teñen moita educación e o seu comportamento é un pouco de Primeiro de Infantil máis que de ciclo superior... cando alguén pregunta hai que respetálo ainda que a cuestión che pareza unha burrada ou tonteria; e cando alguén fala tamen hai que escoitalo e non poñerse a criticar e a rir como parvas.
Ademáis, creo que a charla ía mais dirixida a eles que a nos, que son os que en breve van a facer as prácticas e son os que máis dúbidas tiñan que ter.
Isto que ahí dito, agora xa me despido.

Un saúdo.

jueves, 13 de febrero de 2014

TAREFA 3.2 REMATADA E COMEZO DE UNHA NOVA

Ola, xa hai varios días que non escribo no blog, vou a ser breve.

Por fin rematamos o informe técnico e agora comezamos outra tarefa que consiste no seguinte: temos que botarlle unha ollada ó temario para saber o que son os recursos preventivos e mirar se as nosas empresas que escolleramos nun principio, no noso caso MRW e Adif, lle fai falta contratar estes recursos preventivos citados.
Tamen temos que facer un organigrama con todos os órganos de representación da empresa que coñecemos ata o momento en materia de prevención.
Nese organigrama  teremos que introducir a importancia de cada órgano representativo e a razón da existencia ou inexistencia das distintas figuras en materia preventiva.

A data para rematar esta actividade é o mércores 19 de Febreiro a ver se nos da tempo.

Maña temos unha charla cun prevencionista da CIG a ver que tal. Xa comentarei na seguinte entrada o resultado.

Un saúdo.

sábado, 8 de febrero de 2014

VIDEO MODALIDADES DA PREVENCIÓN





Aqui vos deixo un vídeo que atopei en internet e que usamos no meu grupo para a actividade das modalidades da prevención. Paréceme moi interesante. A ver si vos gusta. Un saúdo.

viernes, 7 de febrero de 2014

ESQUEMA E INFORME TÉCNICO PARA DELEGADO DE PREVENCIÓN

Ola que tal?

Esta semana estivemos facendo o esquema das modalidades dos servicios de prevención, o noso grupo escollemos, dos programas que Sergio ofreceu, o Prezi xa que o empregáramos no tema 1 e non nos resultou complicado de usar. A día de hoxe casi está rematado só é poñer fotos e videos e xa o podemos subir o Drive.

Agora xa imos comezar a facer o informe técnico para un delegado de prevención sobre qué modalidade das que nomeei antes lle vai mellor á empresa que escollemos de MRW.

Outro debate que surxiu na clase é para que nos queren a nos as empresas habendo tanto titulado con máster. .. bueno penso que cada un ten as suas funcións e hoxe en día non hai moito traballo tanto para eles como para nos. 

Déixovos unha imaxe como unha especie de chiste sobre o tema dos delegados xa que stamos falando neles neste tema.  A ver que opinades... é para facer mais lavadeiro o blog. 
Un saúdo ata a próxima.

sábado, 1 de febrero de 2014

REMATADA A TAREFA 3.1 E COMEZO DA SEGUINTE

Ola compañeir@s que tal o fin de semana? escríbovos para contarvos o que fixemos esta semana en Xestión.

Primeiro dicir que imos embalados, a toda mecha jaja pero bueno, así estamos preparados por si non futuro temos unha carga de traballo importante en tema preventivo.

Paso enton a contarvos o que fixemos: o mércores xa algúns grupos remataron e entregaron a tarefa 3, que consistia en aplicar os órganos de representación dunha empresa ás empresas que previamente escolleramos. No meu grupo non nos deu tempo a rematalo para ese día e acabamolo ó dia seguinte; subímolo o google drive. Para o meu gusto quedou bastante ben, non fixemos unha entrevista coma algúns grupos senon que construímos dous mapas conceptuais para as duas empresas, Adif e MRW.
Despois de elaborar ditos mapas conecptuais fixemos unha táboa comparando as empresas.
O que máis nos chamou a atención  desas diferencias foi o descoñecemento por parte da traballadora da empresa pequena dos órganos de representación que lles corresponden á súa empresa, frente ó traballador de Adif que si os diferenciaba.

Agora vou dicir en que consiste a actividade seguinte. Nesta ocasión temos que facer un informe técnico para un prevencionista, indicando que modalidade dos serivicios de prevención que existen, se axustaría máis ás dúas empresas citadas anteriormente.
Para facer este exercicio primeiro tivemos que buscar en que mormativa viñan os diferentes tipos de modalidades, que resulaton ser a Lei de Prevención de Riscos Laborais e o Reglamento dos Servizos de prevención. Tendo isto listo, faremos un mapa conceptual para diferenciar ben as distintas modalidades e así facer o informe correspondente.
Polo momento o martes faremos o mapa que ten que realizarse nun dos diferentes programas que puxo á nosa disposición Sergio no Drive.

Déixovos unha foto relacionada co tema que atopei por internet. Un saúdo.










sábado, 25 de enero de 2014

POR FIN TEMOS EMPRESAS

Ola a tod@s!!! 

Hoxe estou contenta xa que temos as dúas empresas que non dábamos atopado ou iso parece... o final collemos MRW e vai falar un do grupo para ver si nos din algo en Renfe.

Polo momento fomos a MRW e si aceptaron ainda que a información concedida non foi a esperada, creíamos que nos iban a facilitar mais información pero bastante fixeron. Agora toca esperar a ver si podemos comunicarnos cn Renfe para poder xa comezar a facer a actividade.

Déixovos unha imaxe das dúas empresas que escollemos: Renfe de máis de 50 traballadores e MRW con menos de 50(no caso de Vigo).




       
                                                                                      

Por hoxe xa non falo máis un saúdo.

miércoles, 22 de enero de 2014

SEGUIMOS TRABALLANDO DURO

Ola rapaces, que tal a semana? xa está a rematar por fin pero traballando moito...
Nesta segunda avaliación estamos a piñon, os profesores dan moita caña o porque non o sei...sobre todo en Xestión que facemos un traballo tras outro e en pouco tempo.
De momento hoxe como non viu Sergio estivemos sos e traballando para entregar hoxe mesmo o cadro cos distintos tipos de representantes que ten unha empresa, o noso grupo xa o rematamos e subimos ó Google Drive.

Como ainda non temos as duas empresas seleccionadas, estivemos vendo cál é o exercicio seguinte: aplicar o cadro que fixemos a esas duas empresas que acabo de nomear. Por tanto, o que fixemos foi escribir as preguntas que lle imos formular a ditas empresas para realizar esa segunda actividade.

Mañá, a ver se imos a MRW a preguntar e a Unisono que son as empresas que temos en mente para facer dito traballo. Ademáis, mandamos algúns emails a outras e a ver se nos contestan... mentres tanto esperar que toca.

Como considero que estamos traballando moito poño unha imaxe como homenaxe ajaa un saúdo.



domingo, 19 de enero de 2014

VISUALIZACIÓN DOS TRABALLOS PENDENTES E CONTINUACIÓN CO NOVO EXERCICIO

Ola, como estou en internet xa aproveito e escribo a entrada do que fixemos o venres...

En primeiro lugar dicir que xa rematamos de expoñer todos os traballos anteriores, quedaban dous: o mapa conceptual e un dossier de prensa. Gustáronme os dous; só dicir que o mapa cada vez é máis grande ajaj si señor logo non se pode dicir que no traballan jaja.

Agora si falo do novo exercicio. O noso grupo ainda non eliximos as dúas empresas pero porque a ver si nos contestan as empresas ás que lle enviamos un correo electrónico senon iremos por unhas que hai preto do instituto que tamen teñen zona de oficina.

De momento seguimos facendo o cadro comparativo da organización dunha empresa, decidimos escoller un cadro comparativo e non un esquema porque o miramos máis claro para visualizar e apreciase mellor a información. Creo que xa o mércores o teremos feito e poderemos subilo ó google drive para seguir co seguinte apartado.

Isto é todo por hoxe. Un saúdo.

jueves, 16 de enero de 2014

EXPOSICIÓN DOS TRABALLO E COMEZO DOUTRO

Ola a tod@s por fin acabamos o traballo este e xa nos relaxamos un pouco pero solo un respiro xa que  nese mesmo día que entregamos o artígo cronolóxico deunos as pautas para comenzar a facer outro. Parece un tanto complicado e creo que non nos vai a dar tempo a entregalo nunca mes pero bueno a ver que pasa...
Volvendo o traballo de artigo que fixemos, o final tivemos que quedar unha tarde e facelo porque non daba tempo a rematalo para o mércores... eu penso que quedou bastante ben e entendíble, non nos explayamos moito para que non fora pesado e custoso de ler.

Hoxe espuxemos alguns  traballos, si tivera que escoller un, sen contar os que faltan, chamoume a atención o do grupo de Esteban, Morán e Bruno, creo que está bastante organizado non é un tostón , sinxelo de ler e o programa empregado é curioso e chamativo; ainda que a entrevista grabada tamen ten o seu mérito.
E agora falando xa da nova tarefa, temos que escoller 2 empresas: unha con máis de 50 traballadores e outra con menos. Pola nosa parte non temos decidida cales escoller  ainda que temos en mente algunhas como son as d teleoperadores Unísono ou Bosch e otras como Vodafone,  Movistar, un despacho de abogados, a oficina MRW, unha mutua, unha axencia de viaxes, unha aseguradora...hai que ter en conta que deben de ser empresas relacionadas coas novas tecnoloxías, en relación a traballo nunha oficina.
Creo que hoxe xa escribin bastante vou ir cortando jaja.

Déixovos o enlace para que volvades a ver o traballo do grupo que nomeei antes. Un saúdo.





domingo, 12 de enero de 2014

TRABALLO A CONTRARELOXO....

Ola compañeir@s:

Hoxe vou escribir e ir directa ó gran.

Seguimos facendo o traballo este da cronoloxía pero ainda non sabemos ben o que hai que facer porque o resto dos compañeiros estan facendo entrevistas.... Nos polo momento o venres botamos toda á clase intentando buscar leis que sairan dende o 1995 en diante relacionadas co traballo en oficina ou novas tecnoloxías, pero é un lío porque dunha lei sale outra ou modifica a outra anterior; ou o melllor,  imos a buscar esa lei modifcada e non nos aparece ... é un verdadeiro caos, e o peor de todo e que non nos vai dar tempo, ou iso creémos.

O final, o que decidimos facer é, ir o INSHT e no apartado normativa ir ano por ano vendo todas as leis que saíron nese periodo que tiveran relación co noso tema.. parecia sinxelo pero claro xa temos outro problema: hasta que punto esa lei ten relación co traballo en oficina.. porque si nos poñemos a buscar detalle por detalle todas al leis teñen relación con todo.... asique aqui andamos a ver se damos feito para o mércores poder entregalo.  De todas as maneiras quedaremos martes pola tarde para rematar o traballo e facer a gráfica cronolóxica os 3 do grupo, mentres no fin de semana quedámonos os 3 con un par de anos cada un para analizar a relación das leis deses anos.
A ver que sae de aqui...

Din que unha imaxe vale máis que mil verbas asique ahí vos deixo unha de como nos sentimos no grupo jjj un saudiño.

                     

jueves, 9 de enero de 2014

VOLTA Á RUTINA.. FELIZ ANO

Ola compañeir@s que tal as vacacións? curtas non? eu opino o mesmo...

Bueno como ben cita a miña entrada xa estamos de volta e polo tanto toca traballar duro ata a segunda avaliación; hoxe xa comezamos na clase de Xestión a traballar xa que nos quedara pendente da tarefa anterior unha actividade: facer unha entrevista, un dossier, unha reportaxe fotográfica....O meu grupo , que vos recordo que somos Oscar, Jose e mais eu non sabiamos moi ben por donde ían os tiros,porque non queriamos facer unha entrevista para que non aburrira xa que hay varios grupos que a van a facer, enton falando co profesor deunos unha idea que foi na que nos vamos centrar.

Antes de nada dicir que o informe técnico e o triptico que fixemos xa foi entregado con éxito antes das vacacións.

Voltando ó tema do que falaba antes, a nosa idea e facer unha cronoloxía das leis, normas ou guías que houbo desde que se creou a Lei de prevencion de riscos laborais no 1995 ata a actualidade.

 Xa estivemos vendo mais ou menos para saber por donde comezar e mañá seguiremos cn iso.

Un saúdo e ánimo para comezar de novo.

Como vamos a facer unha cronoloxía das leis déixovos aqui estes homes que representan o que nos queremos facer.