jueves, 28 de noviembre de 2013

CAMBIO DE PLANS

Ola que tal vos vai?

Bueno o nome da entrada ten relacion co cambio que fixemos antes de facer o informe técnico, é dicir, que Sergio - profesor decidiu que fixeramos unha especie de "xogo" cos grupos para entender mellor o temario exposto o dia anterior cando expuxemos no gran grupo.

Onte esqueceuseme escribir e por tanto hoxe fago un resumo do que fixemos onte e hoxe...
no día de onte ibamos a empezar a facer o informe tecnico (en teoría), como dixen anteriormente pero houbo cambio de plans xa que Sergio-profesor decidiu que era mellor que voltaramos cada grupo pequeno a explicar o que fixemos na sesion anterior pero cambiando o sistema xa que así nos quedaría mellor na cabeza.
Eu creo que é moita información xunta para aprender e por iso non nos enteramos moito pero bueno a ver se con estes "xogos" intentamos entender mellor.

Sergio e mais eu somos o grupo 5 e por tanto temos o tema: que había antes da LPRL e porqué xurdiu?, entonces para buscar un método e que os nosos compañeiros entenderan mellor o tema decidimos facer dous exercicios: un tipo test con duas cuestións sinxelas para aprender proqué xurdiu a Lei de Prevención de Riscos Laborais; e o outro exercicio consiste en poñer nunha columna as leis que afectaban en materia laboral, e noutra columna un cachiño do contido desas leis pero desordenadas e tiñan que unir con frechas a lei co seu contido.... Non sei si me expresei ben ...Despois de facer todo decidimos imrpimir unha folla para cada compañeiro e que faga os exercicios en solitario xa que así quédalle mellor porque creemos que si o fan en parellas ou en grupo uns sempre van aportar mais ca outros e quedará alguen que non se entere. A ver que pasa enton cando chegue o dia....

No dia de hoxe, estiveron expoñendo o seu "xogo" o Grupo 1 e 2 e a verdade que se entendia mellor que cando fixemos o do gran grupo, a parte estabamos máis entretidos e atentos.
Aquí vos deixo que vou estudar para Emerxencias jaja un saúdo espero os vosos comentarios.

Como os grupos de hoxe expicaron as leis déixovos unha imaxe de lexislación.




martes, 26 de noviembre de 2013

QUE OPINADES!!

Olaaaaa xa sei que escribin fai unos minutiños pero queria poñer outra entrada para publicar unha foto que saquei o outro dia na miña casa. A foto é unha motoserra e fixándome nela tiña unha especie de etiqueta na cal habia información do ruido, xa que o estamos dando con Marga a ver que opinades.

EXPOSICION GRAN GRUPO

ola a todos!!
Hoxe vou ir directa o que fixemos en Xestión: estivemos expoñendo ós compañeiros do gran grupo que se formou o que ven sendo a metade da clase. O proceso que escollemos foi ir expoñendo segundo a orde do grupo que tiveramos, por exemplo eu son o Grupo 5 e expuxen de quinto lugar.

Para que quede constancia gravámolo con dous móviles ata rematar e facer cuestións do que non entendéramos. Cando xa estaba todo claro o outro gran grupo viu para a nosa clase e Sergio-profesor rematou acalarándonos as dúbidas que ainda nos quedaran.

O noso gran grupo sacou unha foto para que se poña de fondo cando se escoite o audio.

Aqui vos deixo un saúdo a tod@s.

domingo, 17 de noviembre de 2013

UN DÍA DIFERENTE

Ola, que tal vos vai? mañá xa toca comezar de novo a semana e cos seus madrugóns polo menos eu que me levanto as 6.30. Antes de nada dicirvos que cando comento algun blog ou creo as miñas entradas a ponme a hora mal e non sei como se cambia asique dígovolo non vaia ser que pensedes que estou tola, por exemplo o outro dia cando fixen a entrada desde o coche as 7.30 horas puña que a fixen as 22.00 horas e claro non iba a estar a esas horas esperando a que abriran o instituto....

Bueno o venres foi un día diferente xa que cando saímos o recreo, habia un simulacro de accidente de circulación e puxémonos a miralo, a verdade que era interesante e como xa ía rematar preguntámoslle a un axente que estaba alí a que hora empezara e díxonos que ás 11.00 horas e xa eran as 11.30 asique nada pasou Sergio por ali e pedimoslle si nos deixaba ir a unha charla que ián a dar os participantes no simulacro e portouse moi ben a verdade porque nos deixou ir.

A charla estaba encamiñada ós alumnos da ESO ainda que pensándoo ben os rapaces e rapazas da ESO non teñen carnet de conducir nin saben o queé iso pero bueno.... logo démonos conta que fixeran uns relatos contando vivencias que lle ocorreran na vida real e enviáranos a Plataforma  "Stop Accidentes" para un concurso; de feito ali estaba a representante en Galicia e deulle un premio os gañadores.
Ó rematar con isto, fomos para á clase e seguimos cos traballos que maña Luns presentaremos ó resto de compañeiros. Sergio e máis eu xa o acabaramos na sesión anterior asique estuvemos botándolle un ollo.
Creo que xa vale de escirbir por hoxe non?

Déixovos aquí un vídeo que grabamos Esther e más eu no simulacro do que falei antes.




jueves, 14 de noviembre de 2013

SEGUIMOS COA LEXISLACIÓN

Ola compañeiros!!

No día de hoxe en Xestión cambiamos para a aula M4 coma todos os xoves e a min esa aula non me gusta porque os ordenadores van mal tanto coa internet coma cos programas e os accesorios, os ratos non van....bueno vos mesmo o comprobades tamen.
Hoxe xa acabamos o traballo Sergio e mais eu, puxemos o documento ó día e subímolo á carpeta de tarefa 2 no google drive pero non sabemos porque non pegou como o tiñamos, é dicir, cambiounos o formato... a ver se maña o arreglamos.

Espero que non vos aburran as miñas entradas, a verdade que agora co Blogger xa podo acceder mais a menudo que o blogdiario non me deixaba.

Deixovos unha foto que atopei por internet que me chamou a atención pola mensaxe que garda, e ten relación co noso tema de subgrupo, xa que grazas a implantación da LPRL a saúde  dos traballadores creceu.















miércoles, 13 de noviembre de 2013

PORQUE XURDIU A LPRL

Ola,bos dias!!
Mentres estou esperando a que abran o instituto contovos o que fixemos onte en Xestión...
Feitos os subgrupos dos que falei anteriormente a min tocoume con Sergio estivemos buscando información sobre as cuestions sobre as que nos tocou traballar: porque xurdiu a LPRL e que había antes desa lei.
Recopilada a información, resumímola e para hoxe xa ordenaremos o documento para subílo a google drive e que os compañeiros lle boten un ollo.
Vou para o instituto hoxe fai frío. Un saúdo.

sábado, 9 de noviembre de 2013

NOVA ACTIVIDADE

Olaaaaaaa, hoxe é sábado e  a verdade é que fai un tempo horroroso e aprobeito para escribirvos.
Teño que dicirvos que estpu escribondo desde o blogger porque o blogdiario. com non me deixa entar e tiña algúns problemas con el como xa vos dixen anteriormente, pois o final dúas compañeiras mais eu falamos con Sergio e díxonos e era mellor que cambiásemos de blog. Eu decanteime por este e aquí estou publicando todo o que tiña no outro....

Como ben di o título da entrada, en Xestión comezamos unha actividade nova que consiste en facer un traballo sobre lexislación que son dous temas que imos dar nuns días. O método que adoptou Sergio foi o de facer novos grupos para resolver unhas preguntas que eliximos previamente e ó acabar esa parte reunímonos en dous grandes grupos e expresamos o que aprendemos aos membros. Ó rematar esa segunda parte, voltamos ós grupos primeiros que tiñamos das exposicións e ahí xa escollemos un tema para aplicar o aprendido a unha empresa concreta.

De momento o que fixemos o venres foi comezar cos novos grupos e Sergio asugnounos as preguntas que debíamos facer cada grupo. A min tocóume con Sergio-alumno e as preguntas que nos tocaron son as seguintes: Porque apareceu a LPR e que había antes.

Enton xa nos puxemos a traballar todos, nos buscamos e casi que temos as preguntas respostadas o que nos falta é redactalas e xa o podemos presentar o venres 15 que é a data límite de entrega.

Déixovos unha foto que expresa moi ben o que imos facer ata agora.




ULTIMAS EXPOSICIONS

Ola!! Xa estou aquí de novo, antes de nada quería dicir que escribo pouco porque o blogdiario a veces non me deixa entrar non sei cal é o problema pero ponme q o enlace está roto asique cando me deixa escribovos.
O mércores foi o último día para expoñer e os dous últimos grupos que o fixeron. Nestas exposicións, houbo unha distinta ó resto das anteriores. Foi a do grupo de Erea, Sara, Sergio e Alejandro que escolleron o tema da crise no traballo centrándose no traballo dunha oficina, a diferenza do resto que fixemos o traballo polo ordenador, eles escolleron a opción de facelo mediante un mural que pegaron no encerado para presentalo. Antes deles expuxemos nos que somos o grupo de Carla Valiño, Sheula, Jose e eu, nos escollemos o tema das novas tecnoloxías e tamñen nos centramos nunha oficina, o traballo fixemolo no programa Prezi que queda o contido máis claro e chamativo á vista.
Ó rematar, Sergio díxonos que en xeral estaba contento co noso traballo o cal nos alegrou porque esforzamonos moito. A ver o que facemos nas próximas sesións e se o blogdiario mo permite escriboo aquí.

 
 
Aquí vos deixo o vídeo que puxemos nos na presentación
 


Isto é todo. Un saúdo.




SEGUNDAS EXPOSICIÓNS

Ola,
Hoxe e o segundo día que escribo no meu blog. A semana pasada voltaron a expoñer na aula os traballos do tema 1. O círculo da saúde, neste caso as exposicións basáronse en dous temas diferentes; uns compañeiros basaron a exposición nunha depuradora en concreto a de Vigo. O segundo grupo falou sobre o traballo ó aire libre centrándose no mar, mariscadores, percebeiros... En ambos os casos tivemos que calificar de 0 a 3 a presentacion e a valoracion individual segundo uns criterios establecidos.
Nada máis por hoxe. Ata a próxima.



COMEZO E PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS

Bos días, hoxe e o primeiro día que escribo no blog. Antes de nada voume presentar... Chámome Carla teño 24 anos e son de As Neves. Cheguei a este ciclo case que de rebote xa que o escollin de última opción e no prazo extraordinario e non me esperaba entrar este ano xa, pero a sorte quixo que comezara este ano o cal me alegrou.
Antes de chegar aquí fixen outro ciclo superior e son técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, é un posto de traballo que non me desgusta pero hoxe en día non ten moita salida profesional. Asique aquí estou no IES Politéncico facendo o ciclo de Prevención de riscos profesionais.







No módulo de Xestión da Prevención temos que facer os traballos en grupos, debido a que me incorporei tarde ó ciclo os meus compañeiros xa tiñan os grupos feitos polo que me unín a un que non estaba de todo completo; o grupo é o de Carla V, Jose e Sheila. Como xa tiñan case o traballo rematado, axudeille a facer algúns retoques.
O venres pasado espuxeron dous grupos na aula o seu traballo,unha das exposicións trataba sobre as persoas que traballan fumigando pragas e ou outro grupo sobre a monotonía do traballo en cadena. Ó rematar tivemos que valorar ós compañeiros seguindo uns criterios establecidos.
Isto é todo por hoxe. Un saúdo.