jueves, 28 de noviembre de 2013

CAMBIO DE PLANS

Ola que tal vos vai?

Bueno o nome da entrada ten relacion co cambio que fixemos antes de facer o informe técnico, é dicir, que Sergio - profesor decidiu que fixeramos unha especie de "xogo" cos grupos para entender mellor o temario exposto o dia anterior cando expuxemos no gran grupo.

Onte esqueceuseme escribir e por tanto hoxe fago un resumo do que fixemos onte e hoxe...
no día de onte ibamos a empezar a facer o informe tecnico (en teoría), como dixen anteriormente pero houbo cambio de plans xa que Sergio-profesor decidiu que era mellor que voltaramos cada grupo pequeno a explicar o que fixemos na sesion anterior pero cambiando o sistema xa que así nos quedaría mellor na cabeza.
Eu creo que é moita información xunta para aprender e por iso non nos enteramos moito pero bueno a ver se con estes "xogos" intentamos entender mellor.

Sergio e mais eu somos o grupo 5 e por tanto temos o tema: que había antes da LPRL e porqué xurdiu?, entonces para buscar un método e que os nosos compañeiros entenderan mellor o tema decidimos facer dous exercicios: un tipo test con duas cuestións sinxelas para aprender proqué xurdiu a Lei de Prevención de Riscos Laborais; e o outro exercicio consiste en poñer nunha columna as leis que afectaban en materia laboral, e noutra columna un cachiño do contido desas leis pero desordenadas e tiñan que unir con frechas a lei co seu contido.... Non sei si me expresei ben ...Despois de facer todo decidimos imrpimir unha folla para cada compañeiro e que faga os exercicios en solitario xa que así quédalle mellor porque creemos que si o fan en parellas ou en grupo uns sempre van aportar mais ca outros e quedará alguen que non se entere. A ver que pasa enton cando chegue o dia....

No dia de hoxe, estiveron expoñendo o seu "xogo" o Grupo 1 e 2 e a verdade que se entendia mellor que cando fixemos o do gran grupo, a parte estabamos máis entretidos e atentos.
Aquí vos deixo que vou estudar para Emerxencias jaja un saúdo espero os vosos comentarios.

Como os grupos de hoxe expicaron as leis déixovos unha imaxe de lexislación.




4 comentarios:

  1. Eu penso que aprendería máis se houbesemos exposto cun power point ou algo así, pero bueno o tema dos xogos é divertido aínda que eu onte marchei de mal humor porque dame a impresión de que nesta asignatura non dou unha e sempre meto a pata con algo, cousa que non me paso co resto.

    ResponderEliminar
  2. Hola carla :)

    Luci, ti onte estabas que soltabas fume polas orellas jaja pero é normal, a verdades é que está desmotrado que ir de primeiro non mola nada e o pasas mal.

    Bueno Carla.. se imos o ritmo de onte non sei se os dará tempo a ti e mais Sergio jaja pero al menos si qu e é mais divertido que o rollo que soltamos todos o venres.

    E alégrome de que puxeras fotiños jaja e de darche algunha dun animaliño que son moi bonitiños.

    Biquiños :)

    ResponderEliminar
  3. Ola señoritas!!! Pois si este método é mellor para min penso que cun power point sería o mesmo sistema de dar a charla ós conpañeiros e ibamonos aburrir igual así está mellor...
    Carliña gustanche as fotiños a min non me gustan os animais jajaj prefiro estas imaxes pero si é certo que os animaliños que poñedes Lucia e mais ti son bonitos. Deixobos que estou no coche e teño OS dedos conxelados do frío e non me reaccionan para escribir jajaj un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar