sábado, 9 de noviembre de 2013

NOVA ACTIVIDADE

Olaaaaaaa, hoxe é sábado e  a verdade é que fai un tempo horroroso e aprobeito para escribirvos.
Teño que dicirvos que estpu escribondo desde o blogger porque o blogdiario. com non me deixa entar e tiña algúns problemas con el como xa vos dixen anteriormente, pois o final dúas compañeiras mais eu falamos con Sergio e díxonos e era mellor que cambiásemos de blog. Eu decanteime por este e aquí estou publicando todo o que tiña no outro....

Como ben di o título da entrada, en Xestión comezamos unha actividade nova que consiste en facer un traballo sobre lexislación que son dous temas que imos dar nuns días. O método que adoptou Sergio foi o de facer novos grupos para resolver unhas preguntas que eliximos previamente e ó acabar esa parte reunímonos en dous grandes grupos e expresamos o que aprendemos aos membros. Ó rematar esa segunda parte, voltamos ós grupos primeiros que tiñamos das exposicións e ahí xa escollemos un tema para aplicar o aprendido a unha empresa concreta.

De momento o que fixemos o venres foi comezar cos novos grupos e Sergio asugnounos as preguntas que debíamos facer cada grupo. A min tocóume con Sergio-alumno e as preguntas que nos tocaron son as seguintes: Porque apareceu a LPR e que había antes.

Enton xa nos puxemos a traballar todos, nos buscamos e casi que temos as preguntas respostadas o que nos falta é redactalas e xa o podemos presentar o venres 15 que é a data límite de entrega.

Déixovos unha foto que expresa moi ben o que imos facer ata agora.




2 comentarios:

  1. Ai... o venres 15 onde ficou... Xa é 19 e aínda non fixestes as exposicións das preguntas... E mañá tedes folga, ou non? A ver se para o xoves xa o deixamos listo. A miña cuestión é: realmente sabedes porque se chegou á LPRL? E, máis aínda, credes que se debeu a cuestións de seguridade e hixiene ou máis ben se puido deber a cuestións de competencia empresarial entre os estados membros da UE? Por dicilo doutra maneira, credes que na China ou no Marrocos se fan produtos a menor custo por que as condicións laborais e de seguridade laboral son máis febles e, polo tanto, gastan menos diñeiro as empresas nisto?

    ResponderEliminar
  2. O venres puxeno nesta entrada porque a verdade non fixemos tanto como para explicar nunha entrada desde o meu punto de vista.
    Bueno xa pasou o dia de folga xa te darías conta que fixemos folga pero non puiden comentar o blog.
    Referido á outras cuestións que planteache,na miña opinión a Lei de prevención de riscos laborais en España polo menos fíxose por armonizar e cumprir as esixencias da UE non por outra cousa, xa que si fora realmente pola seguridade dos traballadores non haberia accidentes ou polo menos poucos, senon dime ti a min porque cando van a facer as inspeccións de traballo avisan que van a ir... se non avisaran saldía á luz e mirarian que nas empresas non se cumpre a normativa e polo tanto ó sancionar ó empresario éste veríase na obliga de cumprir a normativa sempre por si os inspectores veñen... non sei si me explico pero o que quero dicir é que si fixeran as cousas sen avisar todos os empresarios terían todo en orde e por tanto as condicións laborais dos traballadores serian efectivas e non pasarían desgrazas.
    Referido a seguinte cuestión creo que as condicións laborais dos empleados son pe´simas de ahí a que os productos sexan baratos peroá custo da vida das persoas. Ainda que a influencia que teña certa empresa no mundo enteiro afecta como por exemplo no caso de Inditex que se descubriu a traballadores con pésimas condicións de traballo e ainda así a sociedade segue comprando nas suas tendas a roupa e déronlle pouca importancia a tal feito, xa o din as estadísticas Amancio oRTEGA é un dos homes maís ricos do mundo.
    En definitiva, os empresarios miran maís polo seu bolsillo e o seu diñeiro que pola seguridade dos traballadores ainda coa consecuencia de que se lle pasa algo ós seus empleados poidan ter cargos de conciencia elevados, no caso de mortes ou feridos graves.

    ResponderEliminar